O público escolle en facebook 3 artistas da convocatoria de día

Convocatoria de artistas

A convocatoria do Festival Reperkusión para que artistas, grupos e compañías profesionais e amadoras presentasen as súas propostas para formar parte da programación de día do festival, saldouse con éxito. Onte remataba o prazo, e chegaron 39 propostas. Agora os seguidores do festival en facebook serán os encargados de elixir tres deses grupos ou espectáculos, que entrarán directamente na programación. As votacións iniciaranse hoxe e estarán abertas ata o 10 de marzo.

Á convocatoria presentáronse 39 grupos, compañías e artistas. Hai unha presenza destacada da música, con grupos de todos os xéneros: rumba, reggae, folk, rock, punk, fusión, balcánica... Tamén hai varias propostas de novo circo, clown, malabares e humor, ademais de teatro, danza e ioga da risa. A maioría das propostas chegan de Galicia, pero tamén as hai de Barcelona, Madrid, Euskadi, Castilla, Canarias e Asturias.

Estas son as propostas presentadas:

  • AbramCadrabra : Mos. Novo circo, maxia e clown
  • Adiós Motherfunker: Valladolid. Funk, rock e electrónica
  • Alén de Ancos: Ferrolterra. Folk-fusión
  • Arrhythmia: Lugo. Rock
  • Balbordo Público: Compostela. Punk
  • Blue Monk: Galicia. Jazz, swing, rock'n'roll...
  • Cair Circo: Galicia. Novo circo
  • Chimango: Barcelona. Rumba
  • Collón de Lola: Galicia. Rock
  • Derroche: Ourense. Rock
  • Dj Jacho Pinchaor: Burgos. Flamenco fusión
  • El Rumbao: Galicia-Colombia. Rumba, reggae...
  • Fanfarria Taquikardia: Galicia. Balcánica
  • Foxy Freire: Pontevedra . Rock
  • Guezos: Ourense. Folk-rock
  • Guiillermo Solo: Madrid. Malabares
  • Haima Sound: Madrid. Danza e ritmos étnicos
  • Jano: Galicia. Novo circo
  • Kurlyklown: Madrid. Ioga da risa
  • La Sombra: Madrid. Teatro xestual
  • La Tarrancha: Asturias. Ska, fusión
  • La Volpe Band: Canarias. Folk-rock
  • Liska!: Vigo. Ska, reggae, punk...
  • Martelo: Compostela. Power rock
  • Máximo Óptimo: Madrid. Novo circo
  • Ménage á Trois: Ourense. Fusión
  • Padre Merino: Cuntis. Monólogo-clown
  • Pelepau: Vigo. Percusión tradicional
  • Peter Punk: Galicia. Clown e humor
  • Rimbarán: Barcelona. Rumba, reggae, latino...
  • Skalopendra: Arousa. Rock bravú, ska
  • Skarallaos: Culleredo. Ska, reggae, punk...
  • Skarnivals: Bueu. Ska, punk, folk
  • Tabú: Allariz. Rock
  • The Lákazans: Compostela. Rock'n'roll, blues, soul...
  • Tomás Carro: Compostela. Didgeridoo
  • Txemak: Euskadi. Anal core
  • Weli Kings: Vigo. Rock mestizo
  • Yomelo Montosolo: Vigo. Cantautor celestial

 

A partir de hoxe e ata o 10 de marzo o público poderá votar a través do facebook cales son as súas propostas favoritas dándolle a "me gusta" na foto correspondente ao grupo. Podes votar a cantos artistas queiras. As tres con máis votos entrarán directamente na programación do festival. Entre o resto dos candidatos a organización escollerá máis grupos e artistas para completar a programación de día, seguindo os criterios de orixinalidade e capacidade para sorprender, valor artístico e cultural e capacidade para captar novo público.

Escolle os teus favoritos para a programación de día

Submit to FacebookSubmit to Google BookmarksSubmit to TwitterChuzao!Meneame!