Onde durmir?

ZONA DE ACAMPADA

A organización do Reperkusión habilitará un cámping situado en Bemposta, no mesmo lugar do recinto dos concertos.

  • A acampada polos tres días ten un custe de 5 €.
  • Estará aberta dende o venres ás 12:00h ata o domingo ás 16:00h.
  • A zona de acampada ten un aforamento limitado, polo que só as persoas con bono de 3 días + cámping terán dereito a acampar. E só se venderá o acceso á zona de acampada ata que se complete o seu aforo.
  • No caso de que haxa espazo dispoñible, o sábado pola noite permitirase ás persoas que só vaian un día adquirir o ticket para ter dereito de acampada.

Normas da zona de acampada da organización:

  • Só terán acceso as persoas que dispoñan da pulseira correspondente de bono + cámping.
  • Non se permite a entrada de vehículos a motor nin caravanas ao cámping.
  • Prégase un comportamento cívico con especial respecto polo entorno natural e o descanso dos demais.
  • Pódese introducir comida e bebida para uso persoal, non para a venda.
  • Depositar o lixo en bolsas.
  • Ser respectuoso coas instalacións.

 

OUTROS ALOXAMENTOS

Consulta na web de Turismo de Ourense outros aloxamentos dispoñibles en Ourense.

Submit to FacebookSubmit to Google BookmarksSubmit to TwitterChuzao!Meneame!