BONO 2 DÍAS + CÁMPING

Ata o 10 de setembro: 25 €*
Taquilla: 30 €

BONO 2 DÍAS

Ata o 10 de setembro: 20 €*
Taquilla: 25 €

ENTRADA 1 DÍA

Anticipada: 15 €*
Taquilla: 20 €

* + gastos de xestión

Tamén en puntos de venda físicos:

· Ourense: Café Cultural Auriense, Saborido Charcutería, Café Faíscas, Peggy Records (gastos de xestión: 0,50 €)

· Allariz: Fandiño Tapas

· Xinzo de Limia: Feito Praza

· A Coruña: Bule Bule (Campo da Leña), Discos Portobello (gastos de xestión: 1 €)

· Santiago de Compostela: A Reixa Tenda (gastos de xestión: 1 €)

· Lugo: Don Disco (gastos de xestión: 0,50 €)

· Vigo: Tenda Tipo Vigo (gastos de xestión: 0,50 €)

· Pontevedra: Lusco e fusco

 

____

*E se vos queda algunha dúbida, Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. .

CONDICIÓNS DAS ENTRADAS


A adquisición da entrada representa a aceptación, por parte do adquiridor, das seguintes Condicións Xerais de Uso:

 

  1. Unha vez adquirida, a entrada non será cambiada nin será devolvido o seu importe.
  2. A Organización resérvase o dereito a alterar ou modificar o programa do evento.
  3. Resérvase o dereito de admisión.
  4. Esta entrada dispón de diferentes medidas de seguridade. A Organización non se fai responsable das entradas que non fosen adquiridas nos puntos de venda oficiais. Toda entrada danada, rota ou con indicios de falsificación, autorizará á Organización a impedir ao seu portador o acceso ao recinto. Nestes casos, a Organización reservarase o dereito a emprender as medidas legais indicadas no punto 13 destas Condicións Xerais de Uso.
  5. A admisión queda supeditada ao feito de dispor da entrada completa e en boas condicións. O posuidor da entrada perderá os dereitos que esta lle outorga ao saír do recinto. As persoas que abandonen o rencinto dos concertos antes das 02:00 h perderán o dereito a volver entrar. Para acceder de novo, deberán mercar outra entrada de día ou abono do Festival
  6. No momento de entrar ao recinto, o público pode ser rexistrado segundo a Lei, non permitíndose, en ningún caso, a entrada de obxectos que poidan ser considerados perigosos pola Organización ou que estean prohibidos pola normativa vixente, así como cámaras fotográficas ou de vídeo, gravadoras ou calquera outro aparello de captación de imaxe e son. Os cans só poderán entrar á Cidade dos Muchachos convenientemente atados e con bozal. En ningún caso se poderá acceder con cans ou outros animais ao recinto dos concertos de noite.
  7. Quedan reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual derivados do evento, non podendo o público asistente filmar ou gravar o mesmo sen unha autorización escrita da Organización.
  8. En caso de anulación total do evento, a Organización comprométese á devolución do importe da entrada. O custo de distribución que as canles de venda aplican ao prezo desta entrada, non será devolvido en ningún caso pola Organización, atendendo a que a Organización non é preceptora do devandito importe e que a prestación deste servizo enténdese realizada no momento da compra desta entrada.
  9. A sociedade emisora da entrada non asume en ningún caso as obrigacións e responsabilidades que competen á Organización.
  10. 0. O público asistente poderá aparecer en imaxes tomadas por diferentes medios de comunicación para a súa posterior difusión promocional.
  11. Os menores con 16 e 17 anos poderán acceder ao recinto dos concertos con autorización do pai, nai ou titor/a. Os de 13, 14 e 15 só poderán acceder acompañados do seu pai, nai ou titor/a. Os de 12 anos ou menos non poderán acceder. Consulta en detalle as condicións de acceso para menores.
  12. A Organización do evento poderá denegar o acceso ou expulsar do recinto ao portador da entrada en caso de incumprimento das presentes Condicións Xerais de Uso ou ben en caso de desatender as indicacións efectuadas polo persoal da Organización. A denegación do acceso ou expulsión tamén se poderán levar a cabo no caso de que, racionalmente, poida preverse que a súa permanencia no recinto supoña unha situación de risco ou perigo para o propio portador ou para os outros asistentes ao evento; por avalancha ou tamén por estados de intoxicación aparente ou potencial, responsabilizándose persoalmente ao portador, en todos os casos, polas súas propias accións e omisións cando estas provoquen lesións a terceiros ou danos en materiais.
  13. Todo intento de estafa, substración, roubo, así como os danos á propiedade privada causados directa ou indirectamente á Organización, autorizan a esta a emprender as medidas legais, tanto civís como penais, que estime oportunas contra os causantes.
  14. A posesión desta entrada non outorga o dereito ao seu posuidor ou a terceiros a utilizar a mesma, ou o seu contido, con finalidades publicitarias, de mercadotecnia ou de promoción (incluídos os concursos, agasallos e/ou sorteos), asociada ao posuidor da entrada ou terceiro. O incumprimento deste punto obrigará ao anunciante e/ou usuario non autorizado a facer efectiva unha penalización equivalente a mil veces o prezo da entrada máis cara do evento, sen prexuízo de posteriores reclamacións por danos e prexuízos xerais. Así mesmo quedase anulada a licenza incorporada na presente.
  15. Esta entrada hase de custodiar até o día do evento coma se fosen diñeiro en metálico. O comprador da entrada ou a persoa a nome da cal se personaliza a entrada, asume toda responsabilidade no caso de que a súa entrada se presente por duplicado, fotocopiada ou falsificada, perdendo todos os dereitos que esta lle outorga para poder acceder ao evento.

ACCESO DE MENORES

12 anos ou menos
Todo menor con 12 ou menos anos de idade pode acceder á Cidade dos Muchachos de Bemposta sempre acompañado dun pai ou nai ou titor/a. En ningún caso poderá acceder ao recinto de pago do festival.

De 13 a 15 anos
Todo menor con 13, 14 ou 15 anos de idade que vaia acceder ao recinto de pago do festival debe portar unha pulseira identificativa facilitada pola organización e ir acompañado por polo menos un pai ou nai ou titor/a. Estas pulseiras entréganse na zona de intercambio de abonos por pulseiras. Alí os proxenitores ou titores deben identificar aos seus fillos, dar un nº de teléfono de contacto e obter a pulseira ou pulseiras. Deberán mostrar o seu DNI e o do menor e asinar in situ un documento de autorización. A responsabilidade dos menores dentro do recinto do festival é dos seus proxenitores ou titores.

De 16 e 17 anos
Os menores de entre 16 e 18 anos poden acceder ao recinto de pago do festival sen a compañía dun adulto, pero deben presentar unha autorización asinada por un proxenitor ou titor, xunto cunha fotocopia do dni do menor e outra do dni do proxenitor ou titor. Na devandita autorización, o proxenitor ou titor autoriza a entrada ao festival e declara o seu coñecemento de que no mesmo se serven bebidas alcohólicas.

Descarga aquí o modelo de autorización en PDF.

A cor da pulseira que portan todos os menores de 18 anos é especial e facilmente recoñecible polos camareiros das barras, de forma que non se serven bebidas alcohólicas aos menores de 18 anos.

 

Submit to FacebookSubmit to Google BookmarksSubmit to TwitterChuzao!Meneame!