Edicións anteriores

A de 2014 será a edición número 12 do Reperkusión, un festival multidisciplinar que busca a orixinalidade en todos os estilos que acolle baixo o paraugas da mestizaxe cultural. No Reperkusión súmanse música, circo, teatro, formación, compromiso... e por riba de todo bo ambiente e moita festa para todos os públicos. Ao longo destes anos pasaron polo festival artistas como Manu Chao, Fermín Muguruza Russkaja, 2Many Dj's, Emir Kusturica & TNSO, Los Delinqüentes, Dubioza Kolektiv, PinkerTones, Macaco, Wagon Cookin, Muchachito Bombo Infierno, Os 3 Trebóns, Ojos de Brujo, Fanfare Ciocarlia, Eskorzo, Os Diplomáticos de Montealto, Telephunken, Sargento García etc.

Submit to FacebookSubmit to Google BookmarksSubmit to TwitterChuzao!Meneame!